Suspenden contra Charlín pola venda dun solar en Ponte Bolera
Por Redacción
O Xulgado do Penal número 2 de Pontevedra suspendeu o xuízo previsto para este martes 19 de decembro contra o clan Dos Charlíns, Manuel Charlín Gama, por un presunto delito de alzamento de bens.
Fontes xudiciais confirmaron que o xuízo contra Manuel Charlín esta sinalado, pero tivo que suspenderse. Comunicouse este mesmo luns.
O xuízo polo que estaba previsto que se sentase no banco dos acusados está relacionado coas presuntas irregularidades detectadas pola Axencia Tributaria na transacción dun terreo incluído na relación de bens embargados de xeito preventivo pola Audiencia Nacional en 1996 e por unha sentenza xudicial do Supremo de marzo de 2007.
Trátase dun solar situado na zona de Ponte Bolera, en Pontevedra, cuxo propietario dende 1995 era o home de palla de Charlín, José Luis Lizabe Moldes, que vendeu a propiedade por 6 millóns.
O fiscal entende que Charlín aproveitou que non se fixeran as correspondentes anotacións xudiciais no rexistro e transmitiu o soar en agosto de 2006. Cando Facenda foi a embargar o terreo advertiu o engano.
Relacionadas:
-
Asaltan a Manuel Charlín e un dos seus fillos na súa casa de Vilanova
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Manuel Charlín outra vez no banquiño pola venda dun solar en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Josefa Charlín sae en liberdade tras cumprir tan só 11 dos 32 anos aos que foi condenada
Por Redacción |