Louzán pedirá un informe sobre o céspede de Pasarón
Por Oskar Viéitez
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, pedirá un informe sobre o céspede de Pasarón, tras a suspensión do partido desta fin de semana.
O fallido Pontevedra-Villalonga foi tema de conversa no almorzo que Rafael Louzán compartiu cos medios de comunicación para facer balance do ano.
Louzán expuxo a súa preocupación polo estado do terreo de xogo, incapaz de soportar o primeiro temporal do outono, "entendo a preocupación polas condicións do campo", dixo.
Preocupación e sorpresa do dirixente provincial que recordou que a primeira instalación da herba custou uns 300.000 euros, e destacou que no mes de setembro "cando xogou a selección española de fútbol ou campo estaba impecable".
"Gustaríame saber cal é o motivo", insistiu o presidente que, como responsable do Estadio de fútbol "pediréi un informe amplo neste sentido".