O Goberno confirma que ata finais do 2016 non trasladará a Xefatura Provincial de Tráfico a Campolongo
Por Redacción
O deputado socialista por Pontevedra Guillermo Meijón acaba de recibir unha resposta parlamentaria na que o Goberno confirma que atrasa ata finais de 2016 calquera posibilidade de que Pontevedra conte cun novo inmoble para a Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra.
Meijón critica que, na súa resposta, o Goberno "se escuda como sempre nos recortes" para xustificar o traslado da Xefatura Provincial de Tráfico ao novo local situado entre as rúas Blanco Amor e Luis Braille. Ese novo local xa é propiedade do Ministerio de Interior mediante unha operación de compra no ano 2008 por un valor de 4.140.736 euros.
"Seguir ocupando un edificio alleo, deixando libre un edificio propio, non pode entenderse como o mellor xeito de administrar os recursos públicos", sinala Meijón e apunta que "é un despilfarro".
Do mesmo modo, segundo informa Guillermo Meijón, o Goberno confirma noutra resposta que "se desentende" do traslado das oficinas do DNI ás instalacións coas que xa conta o Goberno no edificio que ocupaba anteriormente na cidade de Pontevedra a sede do Banco de España.
Sostén o deputado socialista que "non é de recibo que o Goberno deixe en mans de SEGIPSA e a Dirección Xeral da Policía a decisión final do traslado".
Co devandito traslado, recorda, conseguíanse dous obxectivos: liberar espazos na Comisaría de Policia e mellorar a eficiencia de prestación dos servizos á cidadanía e a optimización dos recursos humanos, materiais e técnicos, así como de seguridade.
SERVIZO DE ATENCIÿN Á FAMILIA
Finalmente Guillermo Meijón apunta que ante a petición da creación dun SAF (Servizo de Atención á Familia) na Comisaría de Pontevedra, o Goberno se limita a dicir en resposta parlamentaria que esa función a exercen funcionarios adscritos á área de Policía Xudicial.
"Para os profesionais -recorda o deputado- é un clamor a necesidade de contar cunha unidade SAF en Pontevedra para satisfacer as necesidades da área norte da provincia". Estas unidades especializadas atenden os feitos delituosos relacionados coa violencia de xénero e no ámbito doméstico e familiar.
Relacionadas:
-
Tráfico ultima o traslado das súas oficinas a Campolongo
Por Alejandro Espiño |
-
Reclaman que as oficinas de emisión do DNI se trasladen xa ao antigo edificio do Banco de España
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
O PSOE pide explicacións ao Goberno sobre por que non se trasladou a Xefatura de Tráfico
Por Redacción |