Diego Cordeiro, cociñeiro do Parador de Cambados, gaña un concurso nacional de tapas
Por Alejandro Espiño
'Galicia terra, mar e aire'. ÿ o suxestivo nome da proposta culinaria co que Diego Cordeiro, cociñeiro do Parador de Cambados, resultou gañador na primeira edición do concurso de tapas e pinchos que organizou Paradores de Turismo.
Na final do concurso, que se celebrou no escenario Saborea España da feira Madrid Fusión 2015, Diego Cordeiro foi o elixido polo xurado na categoría destinada ao persoal de cociñas dos establecementos de Paradores en toda España.
O mozo, natural de Cangas, preparou unha tapa especificamente para este concurso e nela empregou produtos 100% galegos.
Baixo unha coidada presentación sobre unha tosta de millo, ten o mexillón como protagonista. Impregnado cos sabores do aceite de chourizo, os moluscos colócanse sobre un cóctel de pataca mariñado cun pesto de algas, bañados nunha maionesa de piñeiro aromatizada. Ademais, coroa o resultado cun caviar de auga de mexillóns con corry, brotes do coñecido como espárrago de mar, un crocante de ourizos mariños e un aroma de grelos.
Grande especialista en peixes e moluscos, este cociñeiro iniciou a súa carreira profesional no Parador de Baiona, tras formarse na Escola de Hostalaría Carlos Oroza de Pontevedra. Dende hai uns cinco anos, traballa no Parador de Cambados.
Tras a súa vitoria, a súa tapa será comercializada en toda a rede de Paradores de España.
OUTRO PONTEVEDRÿS, FINALISTA
Ademais, no mesmo concurso participou outro cociñeiro pontevedrés. Marcos Serén, natural de Cambados, foi outro dos seis finalistas -no seu caso na categoría de xefe de cociña-. Con 24 anos, foi o cociñeiro máis novo entre os participantes e presentou o seu 'Bocado de tiramisú do Cantábrico'. Especialista en cociña asturiana, traballa actualmente como cociñeiro no Parador de Xijón aínda que se formou na escola que esta rede de establecementos ten en León.
Relacionadas:
-
Iñaki Bretal, finalista ao premio Cociñeiro do ano 2015
Por Alejandro Espiño |
-
O restaurante Corinto de Alba, galardoado co Premio de gastronomía de Galicia
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Cociña asturiana cun 'toque' pontevedrés, menú do Carlos Oroza para os premios Príncipe de Asturias
Por Alejandro Espiño |