Compensarán aos participantes en Ferpalia pola mal fin de semana
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
A Cámara de Comercio de Pontevedra, institución organizadora de Ferpalia-2012, compensará aos participantes neste Salón do Turismo polo mal fin de semana.
Desde a organización agradeceron públicamente, a "paciencia e profesionalidade" de todos e cada un dos expositores que participaron na feira.
"Nestas circunstancias ante semellante diluvio como o que tivemos todo o fin de semana, con refachos de vento que chegaron a levantar as moles de cemento que suxeitaban as carpas, o normal é que desistisen na loita contra os elementos", comentaron desde a Cámara.
En 2013 Ferpalia celebrarase na recta final de setembro
A entidade entende que sería "inxusto" valorar esta XX edición de Ferpalia polo número de visitantes, polo que decidiron compensar o "magnífico traballo da empresa contratada, El Rincón de los sentidos deixándolle a porta aberta para que todos estes expositores, se o desexan, poidan concorrer, gratuitamente, na próxima edición de Ferpalia".
Os responsables camerais asumen o seu erro ao deixar para o mes de decembro este tipo de eventos no exterior polo que en 2013 Ferpalia celebrarase na recta final de setembro, primeira semana de outubro, aproveitando a Festa do Marisco, e, sobre todo, respectando o calendario dos operadores de turismo, que reservan esas datas para Galicia.
Finalmente, e como lección máis importante, que a Cámara de Comercio destaca ao rematar o calendario feiral de 2012, é que todos estes proxectos e outras feiras como Forestalia e Pontus Veteris, "son moito máis factibles e fáciles de realizar, se se comeza a traballar nelas desde o mes de xaneiro, con moito tempo por diante".