Hoxe arrinca a campaña da vieira
Por Oskar Viéitez
A unha semana do Nadal, a flota da vieira sae a faenar.
Os niveis de toxicidade baixaron o suficiente como para permitir a captura e comercialización do molusco bivalvo.
Logo de dez meses sen faenar, uns 40 barcos, a razón de tres tripulantes por nave, procedentes das Confrarías de Cambados, Rianxo e O Grove, largarán o rastro na zona 4 da Ría de Arousa.
O sector estableceu un prezo mínimo de 4 euros por quilo e unhas capturas máximas de 75 quilos por barco, a razón de 25 quilos por tripulante.
A previsión inicial é que todas as capturas destínense para o mercado en fresco.