Marea Pontevedra abre o seu proceso de primarias, onde poden participar 363 integrantes
Por Redacción
363 membros de Marea Pontevedra poderán votar dende este mércores 4 de febreiro ata o próximo sábado 7 nas primarias previstas por esta organización para seleccionar o único candidato que se presentou para encabezar a lista, o escritor Luis Rei. Nunha segunda papeleta poderase elixir a orde dos candidatos dende o segundo posto ata o 15. Cada elector poderá seleccionar ata un máximo de seis nomes.
A xornada de votación en urna celebrarase o sábado 7 entre as 10.00 e as 19.00 horas na casa sindical de Pontevedra (rúa Pasantería, 1). Pero para aqueles votantes que non poidan achegarse ata o colexio electoral ese día, a Comisión Electoral de Marea Pontevedra habilitou tres xornadas para o voto electrónico dende o mércores 4 de febreiro a partir das 0.00 horas ata as 20.00 horas do venres 6.
Luis Rei indicou en relación con este proceso que "está no ADN da Marea a configuración das súas candidaturas por medio de eleccións primarias abertas. As que remataremos na xornada de votación en urna deste sábado serán as primeiras que unha forza política con opción de gobernar o concello celebre en Pontevedra. ÿ a nosa maneira de predicar co exemplo, e algún día será o modelo que teñan que seguir todos os partidos".
Nos doce días nos que estivo aberto o censo para inscribirse incrementouse o número de membros desta agrupación política pasando de 274 a 363. Segundo este colectivo, Marea Pontevedra tamén experimentou un incremento de seguidores nas redes sociais con máis de 700 membros na páxina de Facebook desta plataforma.
A xornada electoral do sábado finalizará cun acto a partir das 21.00 horas no Café Moderno onde se coñecerá o resultado destas primarias.
Relacionadas:
-
Unha administrativa dos Praceres acompañará a Luis Rei á fronte da candidatura de Marea Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
As primarias de Marea Pontevedra permitirán elixir entre 15 candidatos e un único cabeza de lista
Por Redacción |
-
Beiras e Noriega, sobre Marea Pontevedra: non é "inimigo" do BNG, senón un elemento "enriquecedor"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |