O 9 de febreiro, primera charla sobre a compostaxe no Teatro Principal
Por Redacción
Non será finalmente unha única xornada técnica, senón diferentes charlas con expertos que se celebrarán mentres siga habendo xente interesada. Así será a campaña de información sobre a compostaxe que poñerá en marcha o Concello de Pontevedra. Complementarase co acto que organizará a Deputación, unha vez estea rematado o estudo de viabilidade da planta, que xa incluirá a opción da Canicouva.
A primeira das conferencias correrá a cargo do biólogo Ramón Plana, experto no proceso da compostaxe e que, entre outros méritos, traballa como asesor internacional nesta materia e participou no deseño, desenvolvemento e construción de instalacións deste tipo.
Será o luns 9 de febreiro, ás 20.00 horas, no Teatro Principal. Será un acto aberto a todos os interesados e o Concello de Pontevedra cursará convite expreso a colectivos sociais e veciñais. Os asistentes poderán tamén facer preguntas ao relator.
César Mosquera explicou que será unha xornada sobre o proceso da compostaxe e a ela lle seguirán, se a xente está interesada, máis expertos que aclaren todas as dúbidas que poida xerar a futura planta de compostaxe de Pontevedra.
Iso si, para coñecer os detalles técnicos e os servizos que serán necesarios na Canicouva haberá que esperar ao estudo que ultima Lagares Oca. Nun principio íase coñecer en febreiro, pero Mosquera avanzou que, probablemente, se atrase varias semanas. En todo caso, reiterou que Concello e Deputación darán aos interesados "toda a información que temos".
Relacionadas:
-
O biólogo Ramón Plana relaciona o posible éxito da planta de compost cunha boa recollida de residuos orgánicos
Por Redacción |
-
Teucro ve "artificial" e "cun marcado carácter electoral" a polémica sobre a planta de compostaxe
Por Redacción |
-
A APDR reclama información sobre a planta de compostaxe
Por Oskar Viéitez |
-
A planta de compost, ao detalle nunhas xornadas técnicas organizadas por Concello e Deputación
Por Alejandro Espiño |