CIG plantexará unha folga xeral en Galicia para febreiro
Por Oskar Viéitez
O secretario xeral de CIG, Suso Seixo, anunciou en Pontevedra que a central nacionalista plantexará ás demais forzas sindicais a necesidade de convocar unha folga xeral en Galicia para febreiro. Antes terá que reforzar a unidade sindical.
"Nos xa dixemos que a unidade sindical hai que construíla pola base, nos serviría de nada que nos reunamos a cúpula das organizacións sindicais si despois no día a día cos problemas dos traballadores nas empresas esa unidade sindical non se da", indicó Suso Seixo.
"Aquí hai un aspecto moi importante que nos vai a levar a que realmente as organizacións sindicais manteñamos nos lugares de traballo unha acción sindical conxunta que é a reforma da negociación colectiva, o famoso ano de ultraactividade".
A ultraactividade é o prazo de tempo que transcorre desde que caduca a vixencia dun convenio ata que se acorda a periodicidad do seguinte, é dicir, que durante ese periodo os traballadores conservan todos os dereitos e obrigacións que recollen os convenios pendentes de renovar.
A data aínda non foi elixida pero barállanse os meses de febreiro ou marzo
Ata agora, a ultraactividade era ilimitada. Pero o Goberno de Mariano Rajoy limitou esa vixencia a un ano, e si nese tempo non se acorda a renovación do convenio, este desaparece.
Esta vixencia de tan só un ano entra en vigor en 2013 polo que ou os sindicatos espabilan e póñense de acordo para defender os dereitos dos traballadores ou a patronal impón as súas condicións tan só con deixar pasar o tempo "unha perda de salarios e dereitos xeneralizada se non hai unidade sindical", resume o líder de CIG.
A idea de CIG é unir todos eses convenios que están nesa situación "e non descartamos a posibilidade de que en torno a negociación colectiva se poida convocar unha folga xeral específica aquí en Galicia".
A data aínda non foi elixida pero barállanse os meses de febreiro ou marzo.