Anova confirma o seu apoio a Marea Pontevedra para as próximas eleccións municipais
Por Diego Espiño
Aínda que a decisión se tomou a pasada fin de semana en Vigo nunha reunión da cordinación nacional, Anova Pontevedra confirmou este martes o seu apoio á candidatura de Marea Pontevedra para as próximas eleccións municipais.
Varios dos seus voceiros en Pontevedra xa formaban parte deste movemento "a título individual", matiza David Carballal, quen confirma que el e varios dos seus compañeiros optarán a formar parte da candidatura "do segundo posto para adiante".
Carballal considera que "pode haber xente máis válida para ser cabeza de lista e contará con todo o noso apoio". Segundo explicou Marea Pontevedra dará a coñecer o próximo sábado 31 aos candidatos presentados ao seu proceso de primarias.
Entre os aspectos que Anova quere cambiar na política local encóntrase un "gasto en política social que deixa moito que desexar", sinalaron os seus voceiros en Pontevedra ao entender que a cidade de Lérez e Teruel son "as dúas cidades do estado español que menos gasto social teñen no seu concello", defendeu David Carballal.
COLOQUIO CON XOSÿ MANUEL BEIRAS E MARTIÿO NORIEGA
A comparecencia de Anova Pontevedra tamén serviu para presentar o coloquio que a formación está a organizar para este mércores 28 de xaneiro no IES Frei Martín Sarmiento (20:00 horas).
Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega serán os convidados dunha xornada que titulada 'Como cambialo todo. Confluencia municipal e creba democrática".
Relacionadas:
-
Beiras e Noriega, sobre Marea Pontevedra: non é "inimigo" do BNG, senón un elemento "enriquecedor"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Dez formacións políticas e sociais avalan a candidatura do escritor Luis Rei ás primarias de Marea Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Primarias abertas en Marea Pontevedra para elixir os 25 membros da súa candidatura ás eleccións
Por Alejandro Espiño |