A Plataforma veciñal de Sanxenxo concentrarase ante as oficinas do Catastro en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
A Asociación Plataforma Veciñal de Sanxenxo convocou unha concentración para o próximo venres, as doce do mediodía, ante a Subdelegación Provincial de Catastro en Pontevedra "na cal solicitaremos unha revisión da realidade urbanística do concello de Sanxenxo para que se reflicta no mapa catastral, así como outras anomalías detectadas polos veciños no actual mapa catastral de Sanxenxo", dixo a voceira deste colectivo, María del Carmen Camiña Vázquez.
Nun comunicado, estes veciños fan un chamamento a tódalas persoas, asociacións, organizacións e forzas políticas do concello "para que nos acompañen na concentración".
Esta plataforma pediulle información ao goberno local de Sanxenxo sobre o Imposto de Bens Inmobles (IBI), xa que despois da reunión que mantiveron coa alcaldesa, Catalina González, o pasado 17 de decembro, "ésta comprometérase a facilitarnos o estudo de mercado no que se baseaban os datos polos que se rixe a nova ponencia de valores catastral do concello, así como a comezar a redacción do regulamento municipal polo que se estableceran as bonificacións do artigo 74 da Lei Reguladora das Facendas Locais, tendo en conta así a "capacidade económica" real das familias deste concello".
María del Carmen Camiña sinala que "a día de hoxe ainda non obtivemos resposta a ningún dos puntos que lle cuestionamos 1.172 veciños do municipio".
Relacionadas:
-
Os afectados polo catastrazo reclaman agora ao Catastro que axuste os mapas á realidade de Sanxenxo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Sanxenxo busca propietarios de terreos
Por Redacción |
-
Os veciños espera un resposta do goberno local despois da manifestación contra o 'catastrazo'
Por Redacción |
-
O pleno aproba unha rebaixa no IBI de Sanxenxo
Por Redacción |
-
O Concello promove unha revisión catastral co obxectivo de rebaixar o IBI
Por Redacción |
-
Sanxenxo revisará os seus valores catastrais despois de 17 anos
Por Redacción |