Rafael Louzán arremete contra o goberno local de Pontevedra por "incoherente"
Por Redacción
O presidente da Deputación Provincial atacou duramente o goberno local de Pontevedra durante a rolda de prensa posterior á xunta de goberno ao ser preguntado polo proxecto da planta de compostaxe en Canicouva que xerou diversos enfrontamentos.
Rafael Louzán sinalou que na Deputación ao ver que a proposta do BNG de crear esa planta se aceptou ao entender que se mantén dentro do establecido no plan de residuos de Galicia e que axude a reducir os custos deste servizo de Pontevedra contando que poida servir para outros concellos.
Pero o presidente provincial móstrase molesto cos "bandazos" que os socios de goberno, BNG e PSOE, manteñen sobre este tema con críticas e cambios de posicionamento durante os últimos días. Louzán cualificou de "incoherente" a actitude dos gobernantes de Pontevedra e "iso vai en perxuizo dos habitantes de Pontevedra porque non se resolven os problemas dos cidadáns".
"A situación de Pontevedra é caótica", afirmou Louzán que sinalou que "ante un problema que se lles pode vir enriba intentan desviar a atención cara a outras administracións ou cara a outros actores". O presidente da Deputación arremeteu contra o PSOE indicando que non ten discurso sobre a planta de compostaxe e que está a utilizar este tema de xeito electoral como "arma arrojadiza".
Apuntou que Pontevedra debido a esa situación de "incoherencia" non ten PXOM, carece de novas infraestruturas deportivas, de presuposto ou de plan de transporte público. Neste sentido, Louzán sinalou que dende a Deputación "nunca se invirtiu tanto na cidade como nos últimos seis anos e sempre por iniciativa da Deputación".
Relacionadas:
-
Agustín Fernández insta a Lores a romper o seu pacto con Louzán
Por Oskar Viéitez |
-
A planta de compost, ao detalle nunhas xornadas técnicas organizadas por Concello e Deputación
Por Alejandro Espiño |
-
Os veciños de Xustáns apostan por crear unha plataforma contra a planta de compostaxe da Canicouva
Por Redacción |
-
Agustín Fernández acusa Lores e o BNG de ser "uns traidores" pola súa posición coa planta de compostaxe
Por Diego Espiño |