Louzán intervirá na Convención Nacional do PP
Por Oskar Viéitez
O presidente da Deputación de Pontevedra e do PP na provincia, Rafael Louzán, intervirá nun foro na Convención Nacional do Partido Popular xunto ao alcalde de Valladolid, Francisco Javier León de la Riva e o alcalde de Huelva, Pedro Rodríguez.
A Convención Nacional do Partido Popular será os días 23, 24 e 25 en Madrid, e servirá de pistoletazo de saída para a campaña electoral.
Segundo informou León de la Riva esta intervención está prevista para o sábado ás 16:30 horas.
A Convención Nacional, que anualmente reúne máis de dous mil dirixentes e cargos públicos do PP de toda España, é o máximo órgano de representación considerado nos estatutos do partido para os exercicios nos que non se celebra congreso.
A cita é clave para os populares, xa que este ano se celebran as eleccións municipais, xenerais e tamén algunhas autonómicas, nun momento no que o partido sofre o enorme desgaste polo seu labor de goberno e polos casos de corrupción.