Os traballadores de Cleanet seguirán coas mobilizacións ante as dúbidas do novo contrato de Defensa
Por Diego Espiño
Coa decisión de Defensa de resolver o contrato coa empresa Cleanet encargada da limpeza en depencias militares da provincia, non se soluciona aínda un conflito que mantén preto de 40 traballadores sen cobrar.
As dúbidas que xorden tras a publicación do prego de condicións do novo contrato levaron ao sindicato CIG a anunciar que seguirán mobilizándose "ata que estea todo claro", asegurou Diana Rodríguez en rolda de prensa.
Entre os asuntos que quedan por aclarar encóntrase "como se garante a débeda" que Cleanet mantén cos seus empregados en materia de salarios atrasados e que, cos trámites administrativos do novo contrato chegará a seis meses, pois non se prevé que a nova empresa se faga cargo do servizo "ata finais demarzo", recoñece o sindicalista Marcos Cadórniga.
Tampouco recolle este prego, segundo os representantes dos traballadores, a subrogación do persoal, se ben en Pontevedra esa medida non afectaría "porque o convenio provincial de limpeza obriga a subrogar", ao contrario que noutras rexións afectadas por esta situación.
O novo contrato de limpeza para as instalacións militares será adxudicado en lotes e terá unha duración de dous anos cun presuposto en concurso de 200 millóns de euros para todo o estado.
Relacionadas:
-
Denuncian que Defensa enganou ás traballadoras de Cleanet, que entra en concurso de acredores
Por Anxo Lourido |
-
Os conflitos laborais de Lantero e Cleanet chegan ao Parlamento Europeo
Por Redacción |
-
Os traballadores de Cleanet tampouco reciben a nómina de xaneiro e suman xa máis de 4 meses sen cobrar
Por Redacción |
-
Traballadoras de Cleanet celebran en Madrid a rescisión do contrato por parte de Defensa
Por Redacción |
-
Defensa inicia o procedemento de resolución de contrato coa empresa Cleanet
Por Redacción | Creada e actualizada