Substitúen os bombeos do río Loira polos seus constantes fallos
Por Redacción
Debido ás verteduras producidas no bombeo de Loira, o Concello de Marín procedeu á substitución das dúas bombas existentes por outras novas de Hidráulica Supervortex, valoradas en máis de 7.000 euros cada unha. O obxectivo é reducir os desgastes por abrasión e eliminar os atoamentos, que provocan as verteduras.
Ademais estase a elaborar un proxecto sobre o deseño e a construción dun pozo para a decantación de areas con by-pass para a súa limpeza, así como un sistema de desbaste manual e automático para a retención de sólidos, ambos os dous previos ao bombeo de augas residuais de Loira. Este proxecto tamén inclúe a optimización da rede de colectores de entrada e vertedoiro do bombeo.
ÿ necesario destacar que a xestión do control e o mantemento dos bombeos de todo o saneamento municipal ten un novo contrato dende o mes de outubro, resultando adxudicataria deste unha nova empresa.
Dende o goberno local indicaron que "é necesario establecer un mellor control", así como acometer as melloras necesarias que dende o punto de vista técnico están a ser supervisadas polo servizo municipal.
Relacionadas:
-
Pavimento novo e lombos para a Barriada de San Pedro
Por Redacción |
-
A Avenida de Ourense acollerá o colector xeral de saneamento de Marín
Por Redacción |
-
Denuncian a aparición dunha nova vertedura no río Loira
Por Redacción |
-
Denuncian unha nova vertedura no río Loira que chegou á auga da praia
Por Redacción |