A Xunta eleva a nivel vermello a alerta por temporal
Por Redacción
O temporal "Nicki" obrigou á Xunta de Galicia a subir o nivel de alerta a vermello no interior da provincia de Pontevedra ata media tarde deste venres 14 de decembro.
ALERTA VERMELLO: no interior da provincia de Pontevedra, ata media darte, por choiva. ow.ly/1QdZ5C
Xunta de Galicia (@Xunta) diciembre 14, 2012
A Axencia Estatal de Meteorología (AEMET) advirte de fortes ventos e precipitacións que poderían chegar aos 120 litros por metro cadrado en 12 horas, tendo en conta a auga xa caída ata o momento.
Logo de media tarde a alerta por fenómeno adverso baixará de nivel pero se manterá en laranxa.