Dous novos días de folga nos paradores da provincia
Por Diego Espiño
O conflito laboral en Paradores, lonxe de solucionarse segue enquistándose ante os plans do Goberno de reducir o persoal e pechar algúns dos centros.
Na provincia de Pontevedra os sindicatos cifran en 18 os despedimentos que se pretenden realizar: 10 en Baiona, 5 en Pontevedra e 3 en Cambados, ao que hai que sumar o peche durante cinco meses ao ano da instalación de Tui, supondo o paso á categoría laboral de fixo descontinuo a 24 traballadores.
Ante a falta de negociación, os empregados das instalacións pontevedresas sumaranse as dúas novas xornadas de folga convocadas para os días 31 de decembro e 1 de xaneiro, logo das dúas primeiras vividas o 7 e 8, coincidindo coa Ponte da Constitución. Os sindicatos realizarán ademais a próxima semana unha mobilización nun dos paradores da provincia.
O PSOE denuncia que "é o primeiro paso para a privatización de Paradores"
A agrupación socialista de Pontevedra asegura que os plans do Goberno supón "o primeiro paso para a privatización", segundo o seu secretario local Guillermo Meijón, "só están a fixar parámetros económicos, pero tamén deberían contar criterios de cultura ou incidencia económica nunha comarca".
O PSOE defenderá no Parlamento de Galicia e no Congreso "iniciativas para paralizar os plans de Mariano Rajoy con Paradores".
Relacionadas:
-
Louro critica o investimento millonario nas Pousadas do Salnés ante os recortes en Paradores
Por Redacción |
-
Segunda xornada de folga en Paradores: en Pontevedra de novo "non secundaron os paros"
Por Redacción |
-
Folga de Paradores: escasa incidencia en Pontevedra e total en Cambados
Por Anxo Lourido |