Homenaxe á figura de Francisco Carballo en Marín
Por Redacción
Francisco Carballo falecía en Salamanca o pasado 29 de novembro de 2014 aos 89 anos. A súa figura deixou pegada en Marín onde residiu durante a maior parte da súa vida. O profesor asumiu dende 1954 a 1958 o cargo de director técnico do colexio dos Pais Paúles"San Narciso" e, despois de xubilarse, exerceu como Superior da Comunidade dos Paúles en Marín.
Durante a tarde do sábado, membros do BNG de Marín e de Pontevedra realizaron un acto de homenaxe á figura do nacionalista no Multiúsos da Praza de Abastos de Marín coa presenza do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxos Fernández Lores, ademais de varios concelleiros de Pontevedra como Carmen Fouces e Luis Bará.
Francisco Carballo foi un dos grandes ideológos do nacionalismo galego e participou na constitución do BNG e militou na ANPG. O Padre Carballo, como era coñecido por moitos alumnos na vila marinense, dedicou a súa vida á investigación e á recuperación da historia de Galicia. Ao longo da súa vida colaborou coa publicación ANosa Terra e coa revista Encrucillada, ademais de escribir diversas obras sobre nacionalismo e sobre teoloxía.