Tres detidos por extorsionar por teléfono a un veciño de Cuntis
Por Redacción
Un veciño de Cuntis e outros dous de Caldas de Reis foron detidos pola Garda Civil e postos a disposición xudicial como supostos autores dun delito de extorsión. Terían intentado conseguir diñeiro dun home a intimidándoo por vía teléfonica.
Os detidos son o veciño de Cuntis I.F.I., de 30 anos, e os caldenses F.D.B., de 35 anos e D.P.G., de 32. Ningún deles ten antecedentes indcnao que, tras prestar declaración ante o Xulgado de Instrución número 2 de Caldas, quedaron en liberdade con cargos coa obriga de comparecer cando sexan requiridos.
A denuncia que derivou na súa detención produciuse este xoves. Un veciño de Cuntis acudiu ao posto da Garda Civil da localidade indicando que unhas persoas descoñecidas lle estaban a reclamar unha cantidade de diñeiro por medio de chamadas telefónicas. Non transcendeu a contía do reclamado.
Os axentes abriron unha investigación e o propio xoves detiveron dous dos supostos autores da detención. Este venres pola mañá foi arrestado o terceiro.