A folga de 'ambulancieiros', entre a escolta policial e un identificado por raiar unha ambulancia
Por Redacción
A folga que manteñen en Galicia traballadores de ambulancias ata as 24.00 horas deste venres está a transcorrer en Pontevedra con case total normalidade, pero supuxo a intervención policial para garantir o servizo e a ausencia de incidentes.
Dende o seu inicio o mércores, patrullas da Policía Nacional de Pontevedra están a escoltar os vehículos que realizan servizos mínimos. Segundo confirmaron fontes policiais, responde á alerta dada por empresarios do sector.
Os empresarios reclamararon á Comisaría protección para os vehículos, de tal forma que patrullas da Policía Nacional acompañan a práctica totalidade das ambulancias nos seus servizos.
A folga desenvólvese sen incidentes a pesar de que empezou con mal pé. Na mañá do mércores decenas de traballadores de ambulancias concentrábanse na área de Urxencias del Hospital Montecelo para demandar un convenio laboral "xusto" e unha persoa enturbou a concentración pacífica.
Fontes policiais confirmaron que se identificou unha persoa por causar danos nun vehículo, en concreto, por raiar a porta traseira da ambulancia.