Un tractor destrúe un petróglifo do parque rupestre de Campo Lameiro
Por Redacción
Un tractor que realizaba tarefas de roza no parque rupestre de Campo Lameiro pasou por enriba dun dos petróglifos danando a rocha coas cadeas metálicas, provocando multitude de estalidos que levantou o granito e borraron parcialmente a espiral prehistórica.
Segundo informa o xornalista Víctor Honorato en páxinas do diario El Pais, o máximo responsable da empresa concesionaria do parque, Espiral Xestión, Jorge Sayáns, alegou "de entrada descoñecer o caso e acaba indicando que a zona na que se encontra o petróglifo en cuestión non está exposta ao público". Sayáns declarou que "moitos" dos gravados non están catalogados, unha tarefa que lle corresponde á Xunta.
O Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro é o maior conxunto desas características que se conserva en Galicia, e está catalogado pola Xunta como Ben de Interese Cultural (BIC). Os labores de roza deben acometerse con coidado e é preciso balizar as rochas para evitar accidentes.
Segundo explicou a Consellería de Cultura a El País, "con respecto ás instalacións, as rozas de mantemento realízanse manual ou mecanicamente dependendo das áreas. Todos os petróglifos están correctamente situados e as zonas que se poden mecanizar están delimitadas para evitar afeccións aos gravados".
Relacionadas:
-
Denuncian que un tractor volve causar danos nun petróglifo en Campo Lameiro
Por Redacción |
-
AGE pide sancionar á empresa que xestiona o parque rupestre de Campo Lameiro pola destrución dun petroglifo
Por Redacción |
-
Reclaman que a Xunta xestione directamente o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro
Por Redacción |
-
Cultura minimiza os danos infrinxidos por unha desbrozadora no petróglifo de Campo Lameiro
Por Oskar Viéitez |
-
BNG e AGE sementan dúbidas sobre a xestión privada do parque rupestre de Campo Lameiro
Por Redacción |
-
Pintan con spray azul os petróglifos da Caeira
Por Oskar Viéitez |
-
Últimos trámites para a apertura do Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor
Por Diego Espiño |
-
Arte rupestre en Terras de Pontevedra, unha oferta máxica por descubrir
Por Redacción |
-
A vida cotiá na Prehistoria amósase no Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro
Por Redacción |
-
Ante unha réplica exacta de obras de arte ou pezas arqueolóxicas, distinguirías unha orixinal?
Por Mónica Patxot & Alejandro Espiño |