O CITA pecha para acometer os traballos de conservación
Por Redacción
O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) pechará as súas portas a partir deste mércores 14 de xaneiro para que se acometan os traballos de mantemento e de conservación dos restos arqueolóxicos.
Trátase dunhas obras que se realizan durante todos os anos. O peche está previsto ata o 17 de febreiro, durante o período en que se produce unha menor afluencia de visitantes a este centro.
Durante este período haberá tres excepcións nas visitas porque xa están concertadas cos centros de ensino. As visitas están previstas durante os días 28 de xaneiro, 4 e 12 de febreiro.