Os veciños de Ponte Sampaio mobilizaranse contra a instalación da planta de compostaxe na Canicouva
Por Diego Espiño
A elección da Canicouva como situación da futura planta de compostaxe segue a levantar ronchas nos núcleos próximos.
Se primeiro foi Xustáns, en Ponte Caldelas, a través do partido socialista do municipio, agora os veciños de Ponte Sampaio empezan a organizarse e anuncian mobilizacións en contra desta decisión.
Segundo explicou a PontevedraViva o presidente de Asociación de Veciños Heroes de Ponte Sampaio, Ramón Agulla, están preocupados pola posibilidade de que a planta de tratamento de residuos poida contaminar os ríos próximos dos que se abastece a parroquia: "Non estamos a falar dunha carreteira, estase a xogar coa auga de comer e de beber," defende Agulla.
Ramón Agulla: "Imos facer unha fronte común para que isto non se leve a cabo"
O representante veciñal asegura non entender que "uns señores se beneficien á nosa costa" e engade: "se é tan boa que a poñan por enriba das súas casas".
Por ese motivo convocouse unha reunión para todos os veciños e tamén para os cidadáns doutras parroquias e municipios próximos coa intención de "facer unha fronte común para que isto non se leve a cabo".
Este encontro celebrarase o próximo venres 16 de xaneiro ás 19:30 horas no Centro Cultural e Social de Ponte Sampaio.
Relacionadas:
-
Os opositores á planta de compostaxe trasladarán as súas protestas ao pleno municipal de febreiro
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Concello e os comuneiros de Ponte Caldelas alertan de "problemas ambientais" da planta de compost
Por Redacción |
-
Boa Vila esixe ao Concello outra ubicación para a planta de compost e suxire un parque empresarial
Por Natalia Puga |
-
O BNG insinúa que o malestar en Ponte Sampaio ante a planta de compost está avivado polo PP
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta de Galicia ve con "satisfacción" o proxecto de planta de compostaxe
Por Oskar Viéitez |
-
Agustín Fernández acusa Lores e o BNG de ser "uns traidores" pola súa posición coa planta de compostaxe
Por Diego Espiño |
-
O PSOE de Ponte Caldelas rebélase contra a planta de compostaxe da Canicouva
Por Redacción |
-
A Canicouva acollerá a planta de compostaxe a cambio de 2.000 euros anuais por hectárea
Por Redacción |