Falece un ciclista atropelado por unha furgoneta na Autovía de Marín
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un ciclista falecía atropelado na tarde deste venres 9 de xaneiro na autovía de Marín ao ser alcanzado por unha furgoneta de repartición cando circulaba por este vial en compañía doutro ciclista en dirección a Pontevedra. Trátase dun veciño de Marín de 47 anos.
O accidente producíase arredor das 16.10 horas no carril da PO-11 que se dirixe cara ao centro urbano de Pontevedra á altura do enlace de acceso á autoestrada e á variante de Marín. Ambos os dous vehículos circulaban en direccióin a Pontevedra.
Segundo as primeiras indagacións, a furgoneta Renault Traffic da empresa Servilar Decoración, con sede situada na rúa Jaime Janer de Marín, atropelou por detrás e a gran velocidade á vítima, que faleceu no acto. Unha ambulancia medicalizada de Urxencias Médicas achegouse ata o punto do suceso sen que puidesen facer nada por salvar a vida do accidentado.
O condutor da furgoneta é un home de 62 anos que deu negativo na proba de alcoholemia. Presentou unha taxa de alcohol de 0,15 miligramos por litro de aire expirado, isto é, non superaba o límite permitido, establecido no seu caso en 0,25.
O home declarou ante os axentes da Garda Civil que non vira o ciclista. O sol quedaba ás costas dos condutores no momento en que se produciu o atropelo. Segundo informou o Servizo de Emerxencias do 112 ao lugar trasladáronse unha unidade de Urxencias Médicas, unha dotación da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Marín.
Trátase do primeiro accidente mortal nas estradas comarcais durante este 2015. No mes de setembro de 2014, un ciclista resultara ferido de gravidade por un accidente na Avenida de Ourense, en Marín e en xaneiro de 2013, outro ciclista falecía nos arredores á entrada do Porto de Marín.
Relacionadas:
-
O colectivo Masa Crítica equipa as súas bicicletas con cámaras para denunciar aos vehículos infractores
Por Elsa Juliá Sánchez |
-
Preocupación nas autoridades ante o aumento de falecidos nas estradas pontevedresas
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Fomento "estuda" o proxecto para unir peonilmente Pontevedra e Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Multitudinaria pedalada para pedir unha vía peonil e ciclista segura entre Pontevedra e Marín
Por Natalia Puga |
-
Un informe de Tráfico aconsella prohibir o paso de peóns e ciclistas pola autovía de Marín
Por Alejandro Espiño |
-
Ferido de gravidade un ciclista tras ser atropelado por un vehículo en Marín
Por Redacción |
-
Atropelado un ciclista na rotonda de Lérez
Por Redacción |
-
Foxe tras atropelar un ciclista de 78 anos na ponte da Illa de Arousa
Por Redacción |