Os Reis, máis magos que nunca, consiguen estar en todas partes ao mesmo tempo
Por Redacción
As súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar viviron unha xornada intensa que estivo marcada pola emoción e a alegría dos máis pequenos.
Non houbo localidade na comarca que quedase sen visitar.
Os Reis Magos tamén acudiron o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra para repartir caramelos e obsequios aos nenos.
Os nenos ingresados na planta de Pediatría do hospital Provincial, acompañados polos seus familiares, recibiron a desexada visita.
En Marín, os tres reis percorreron a vila cunha carroza con nenos do Ateneo Santa Cecilia, á que se uniron tamén as da Asociación de Trompos ós Pes, a carroza da Asociación Amigos dos Rapaces e outra do Anpa da Laxe.