Os traballadores da limpeza do campus protestan diante de Forestais
Por Redacción
Os traballadores da empresa de limpeza das facultades do campus protagonizaron este luns unha nova concentración para protestar contra a decisión unilateral do Grupo Star S.L, con sede en Pontevedr,a de suprimir días libres.
Durante a hora do bocadillo, para non interromper a súa xornada de traballo, estas traballadoras manifestáronse ante a porta principal da facultade de Forestales.
A concentración contou co apoio dos secretarios comarcais dos sindicatos CIG, Comisións Obreiras e UGT.
Segundo denuncia os sindicatos, a adxudicataria Star Servicios, responsable da limpeza na Universidade de Vigo, comunicou ás súas 22 traballadoras vía carta certificada que non poden gozar dos días de descanso recollidos no Convenio de Limpeza de Edificios e Locais de Pontevedra.
Este parón do Nadal na actividade lectiva permitía ás traballadoras tomar vacacións por quendas. Coas festas do Nadal a punto de rematar as traballadoras reclaman estes días de descanso.