Operativo de tráfico pola Carreira Popular San Silvestre 2014
Por Redacción
Ás 17.00 horas deste mércores 31 de decembro darase a saída a Carreira de San Silvestre, a máis popular e concorrida das celebradas na cidade de Pontevedra.
Dende a Policía Local lembran que este evento deportivo non implica restricións de estacionamentos, se ben os vehículos que se atopen estacionados no percorrido non poderán movelos ata o remate da proba.
Os cortes de tráfico serán puntuais, de tal xeito que tralo paso dos corredores se restablecera a circulación rodada.
Ao iniciarse o percorrido polas rúas de máis intensidade de tráfico (Praza Galicia Raíña Vitoria Alameda), poderase restablecer o tráfico en toda a zona en menos de dez minutos.
A proba ten unha duración aproximada entre 30 e 40 minutos.
ITINERARIO:
A carreira sairá da avenida de Montero Ríos e pasará por Riestra, Oliva, García Camba, Andrés Muruáis, praza de Galicia, Augusto García Sánchez, praza da Liberdade, Raiña Vitoria, Alameda, Doctor Enrique Marescot, Xeneral Martitegui, Concepción Arenal, Condesa Pardo Bazán, Arzebispo Malvar, praza do Peirao, Barón, Enfesta de San Telmo, rúa da Ponte, Celso García De La Riega, Valentín García Escudero, Serra, avenida de Bos Aires, Irmáns Sobrino Buhigas, Cruz Vermella, Álvaro Cunqueiro, Santa Clara, Sarmiento, praza da Verdura, Sarmiento, Méndez Núñez, Sarmiento, Real, Curros Enríquez, Soportais, Paseo Antonio Odriozola, praza da Peregrina, Michelena, Gutierrez Mellado, Riestra e avenida de Montero Ríos, onde estará a meta.