A bandeira de Sanxenxo ondeará na Antártida
Por Alejandro Espiño
Hai un galego na lúa. Polo menos iso dicía a canción. Na lúa, probablemente non, pero si noutro dos lugares máis remotos para a maioría dos mortais. A Antártida recibirá moi pronto a Miguel Ángel Montes. Ten 45 anos e traballará, por terceira vez, como cociñeiro na Base Antártica Española Juan Carlos I. Alí estará durante os tres próximos meses. Non volverá pisar Galicia ata marzo.
Chegará ao continente xeado o próximo 17 de decembro. Pero a súa viaxe xa comezou. PontevedraViva falou con el horas antes de embarcar en avión rumbo a Santiago de Chile. Desde alí, quedaralle un longo traxecto ata Punta Arenas, capital da Patagonia chilena. Será nesta localidade, pouco máis grande que Pontevedra, onde colla o barco que o levará á Antártida.
Esta é a terceira vez que Miguel Ángel Montes embárcase coa Unidad de Tecnología Marítima do Centro Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) nunha expedición á Antártida. A última, en 2008. Pero a ilusión mantena intacta. "Este año además es especial", explica este cociñeiro portonovés. A base española Juan Carlos I cumpre 25 anos e renovouse case por completo. Adiviñan quen deseñou a cociña?
"Siempre te hace ilusión embarcarte en una aventura así, pero como aporté mi grano de arena en el diseño de la cocina de la nueva base, la ilusión es aún mayor", asegura Miguel Anxo. "Me gusta poder estrenarla, ver cómo queda y que todo esté en perfectas condiciones para los compañeros que vengan después de mi".
E estrearaa ao grande. Con máis de 1.000 quilos de comida, que chegarán á Antártida principalmente desde Galicia. "Voy a cocinar lo que quiero, el pedido lo hice yo", afirma orgulloso. "Van a saber lo que es comer bien". No menú dos científicos españois haberá algúns dos produtos galegos máis exquisitos.
"Voy a cocinar lo que quiero, el pedido lo hice yo", afirma orgulloso. "Van a saber lo que es comer bien"
"Llevamos mucho marisco, sobre todo vieiras, almejas, bovagantes y cigalas, también bastante rape y rodaballo, carne de cerdo y todo lo necesario para hacer buenos cocidos: grelos, lacón, chorizos esas cosas". E como recoñece entre risas, moito viño, doado esta vez por unha adega de Meaño, Paco e Lola. De todo, menos carne de tenreira. "Esa la compramos en la Patagonia, igual que el codillo y el cordero, allí tienen una carne de primera".
Con todo iso, e a axuda dun par de doutoras que chegarán de Zaragoza, Miguel Ángel debe vixiar porque os científicos do CSIC leven unha dieta equilibrada, especialmente importante debido ás condicións nas que traballan. "Hay que meter mucha pasta y verdura, no podemos darnos al potaje como locos". Será un reto tamén outra das súas tarefas, preparar comida para envasar ao baleiro. "Es para los que van destinados a las islas, allí están más aislados que el resto y así sólo tienen que calentarla y comer".
A pesar da ilusión coa que emprende esta viaxe, sabe non todo é un camiño de rosas. Sobre todo os primeiros días. "El primer año que fui me costó muchísimo adaptarme, pero después se lleva mejor", explica. O peor é estar tan lonxe da familia. Miguel Ángel está casado e ten dous fillos, unha nena de 17 anos e un neno de 10. "Ahora con Internet y las redes sociales se lleva mejor, es casi como estar en el salón de tu casa. En los primeros viajes sólo podía hablar con ellos 15 minutos una vez a la semana, se hacía muy duro", recorda.
Sexa como sexa, sabe que vai cunha misión clara. Que a bandeira da súa terra, do seu pobo, Sanxenxo, ondee de novo na xeada Antártida. "Catalina y yo nos conocemos desde niños. Cuando le dije que me iba a la Antártida, me pidió que llevara la bandera y no lo dudé", recorda Miguel Ángel. "Ahora no me separo de ella". Di que a garda coma se fose un tesouro. "Y la gallega, también", apunta. "Siempre que llego a un aeropuerto extranjero la pongo encima de las maletas, para que sepan todos que ha llegado un gallego".