Sae a licitación o contrato de explotación da EDAR de Ponte Caldelas
Por Redacción
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a licitación da explotación da EDAR de Ponte Caldelas. Este contrato supón unha achega de preto de 770.000 euros e implica tamén asumir a xestión da EDAR de Soutomaior.
A presentación de solicitudes para facerse cargo deste contrato rematará o vindeiro día 15 de febreiro de 2015.
Con este contrato de xestión de servizo público preténdese levar a cabo o servizo de depuración de augas residuais nestes dous concellos a través da explotación conxunta de ambas as dúas depuradoras.
Na EDAR de Ponte Caldelas o proceso de depuración consiste nun tratamento físico químico por flotación de aire disolto. A EDAR está deseñada para unha poboación de 3.000 habitantes equivalentes, cun caudal medio de deseño de 840 m3/d, un caudal medio horario de deseño de 35 m3/h e un caudal máximo a pretratamento de 105 m3/h.
Co presente contrato dáse efectividade aos compromisos adquiridos entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Ponte Caldelas, postos de manifesto no convenio asinado entre ambos o 6 de outubro deste ano.
O contrato ten unha duración de 24 meses e está prevista a posibilidade de prórroga.
Relacionadas:
-
Contratan a EDAR de Buchabade coa previsión de que funcione antes do próximo verán
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas prevé que a EDAR de Taboadelo estará funcionando a principios de 2015
Por Redacción |
-
A Xunta asume a explotación das depuradoras de Ponte Caldelas e da Mancomunidade do Salnés
Por Oskar Viéitez |
-
Augas de Galicia pasa a xestionar a depuradora de Ponte Caldelas
Por Redacción |