Os 'ambulancieiros' en folga "por un convenio xusto"
Por Oskar Viéitez
Decenas de traballadores de ambulancias concentráronse esta mañá ás portas da área de Urxencias do complexo hospitalario en Montecelo. Os representantes do sector demandan un convenio laboral "xusto".
A xornada de folga convocada por UGT, CIG e Comisións Obreiras no sector do transporte sanitario en Galicia para reivindicar que a patronal negocie un novo convenio autonómico transcorreu con normalidade, segundo coincidiron en sinalar os sindicatos e a Federación Galega de Empresarios de Ambulancias (Fegam).
"Sen incidencias destacables", cun seguimiento "moi alto" aínda que en Pontevedra "ao non notificar" as empresas os servizos mínimos, "fixeron traballar a todos" os traballadores. Por este motivo, os sindicatos advirten de que estudarán as "accións xurídicas" a emprender respecto diso.
A folga prolongarase tres xornadas máis ata as 24.00 horas do venres.