En RedeAxuda fan falta mans
Por Redacción
A extraordinaria cantidade de doazóns realizadas por funcionarios, particulares, empresas, clubes deportivos ou asociacións de nais e pais de alumnos a RedeAxuda necesita agora unha segunda parte de aportación altruista. Requírense voluntarios para a clasificación e reparto dos alimentos donados.
Redeaxuda convida ás persoas que o desexen a participar como voluntarios para facer traballos de clasificación e reparto de alimentos que a rede vai recollendo.
As persoas interesadas en particular poderán porse en contacto coa rede no número 986 804300 (na extensión 7452) ou a través do correo electrónico pgonzalez@pontevedra.eu.
Dende RedeAxuda tamén se solicita ás persoas interesadas en facer donacións de alimentos que se poñan en contacto coa rede para poder dirixir, na medida das posibilidades, a donación en función das necesidades dos colectivos sociais.
Por outro lado, Redeaxuda ten colgada na súa web dúas urxencias recentes. Cáritas interparroquial necesita armarios para tres familias con nenos; e a asociación Rexurdir Provincial, leite, café, azúcar, cacao e galletas.