A rúa cántalle e báilalle ao Nadal e os Reis

Por Redacción
O Nadal e os Reis tamén se celebran cantando e bailando e en Pontevedra esta tradición chega ás rúas e prazas do centro da man de distintas asociacións culturais e agrupacións musicais. Esta fin de semana, a quenda foi para os colectivos Trepia e Maravallada.
No marco das actividades de animación de rúa organizadas polo Concello en distintos puntos da cidade en plena semana de festas, este sábado volveron á programación as Danzas de Nadal.
A asociación cultural Trepia actuou a partir das 18.00 horas nas prazas Peregrina, Curros Enríquez e Méndez Núñez, así como na rúa Benito Corbal.
Xa o domingo, foi a quenda da canción. A asociación cultural Maravallada fixo os seus Cantos de Nadal e de Reis a partir das 12.30 horas na praza de Curros Enríquez.
Cantos e danzas de Nadal e Reis polas rúas de Pontevedra
Este sábado volveron á programación as Danzas de Nadal. A asociación cultural Trepia actuou nas prazas Peregrina, Curros Enríquez e Méndez Núñez, así como na rúa Benito Corbal
© Diego Torrado