Alerta laranxa ante a chegada de Nicki
Por Oskar Viéitez
Ante a alerta laranxa declarada polo servizo de Emerxencias 112 por fenómenos adversos meteorolóxicas por ventos costeiros, o Concello de Pontevedra activou unha situación de alerta ata a tarde do vernes, na que están implicados os Bombeiros, Policía Local, os servizos de limpeza, auga, así como outras brigadas municipais.
A Concello recomenda a veciños e empresas que extremen as precaucións ante este adverso meteorolóxico, dado que, segundo as previsións, as chuvias e ou vento serán especialmente intensos na tarde do xoves.
Desde Meteogalicia sinalan que Galicia estará afectada por unha profunda borrasca que foi bautizada coma Nicky.
O xoves haberá un empeoramiento do tempo, e aparecerán as primeiras choivas e ráfagas de vento que poderían empezar a ser fortes nalgúns puntos.
O venres confirman que será un día "moi desapracible" con choivas fortes e ventos que alcanzarán valores importantes abrigo no litoral e en zonas altas.
Tanto as precipitaciónes como as ráfagas de vento serán máis intensas durante a madrugada e a primeira metade do día.