Unha moto atropela un peón na Parda
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida sobre as 18.30 horas deste mércores vítima dun atropelo rexistrado na rúa Pintor Laxeiro, no barrio da Parda.
Segundo informou a Policía Local de Pontevedra, a vítima foi atropelada por unha moto, pero descoñécese, ata o momento, o alcance das feridas sufridas.
Testemuñas presenciais indicaron que o accidente se produciu á altura da rotonda entre Pintor Laxeiro e Conde Bugallal. Ao lugar acudiron a Policía Local e unha ambulancia do 061.