O BNG levará no seu programa expandir o modelo urbano "a todo o territorio municipal"
Por Redacción
Estender o modelo urbano "a todo o territorio municipal" será unha das bases do programa do Bloque Nacionalista Galego na próximas eleccións municipais.
Así o estableceu o equipo da candidatura encabezada polo actual alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, nunha reunión de traballo celebrada hai poucos días.
Entre as propostas que formula o BNG e que incluirá no seu programa electoral encóntrase a creación dun 'eixo-bulevar' de sur a norte, é dicir dende Salcedo ata Alba, no que se impoñería tráfico calmado e características urbanas.
O mesmo se pretende realizar no eixo este-oeste de Salcedo a Marcón ou na antiga estrada a Ponte Caldelas entre San Amaro e A Ermida.
Ademais acordouse realizar o estudo e deseño dunha rede peonil interparroquial "que recupere camiños tradicionais e manteña as súas características".
Por último a candidatura nacionalista incluirá entre os seus obxectivos converter a Pontevedra "nun referente no tratamento, recuperación e reutilización dos residuos" coa creación da polémica planta de compostaxe.
Relacionadas:
-
O modelo urbano de Pontevedra amplíase ata Salcedo
Por Alejandro Espiño |
-
Lores ve "moi difícil" pactar tras o 24-M porque PP, PSOE e Marea "queren desfacer o modelo de Pontevedra"
Por Alejandro Espiño |
-
A candidatura do BNG en Pontevedra renóvase dando peso a dirixentes do movemento asociativo
Por Natalia Puga |
-
Demetrio Gómez, número 3 na candidatura do BNG; Miguel Filgueira quedará fóra da corporación
Por Redacción |
-
Anabel Gulías, primeira sorpresa da listaxe de Lores para as municipais de 2015
Por Redacción |
-
Fernández Lores: "So hai unha persoa que non quere que me presente á reelección: a miña muller"
Por Oskar Viéitez |