Búscanse vándalos en Vilagarcía
Por Redacción
O merendeiro da praia da Concha de Vilagarcía de Arousa sufriu un ataque vandálico na madrugada do martes ao mércores. Sete meses con bancos de madeira foron arrancadas, co conseguinte gasto para as arcas municipais.
Ante este acto vandálico, o Concello pide a colaboración ciudadana. O alcalde, Tomás Fole, prega ás persoas que puideran ter visto aos autores que den parte dos mesmos ante a Policía a efectos de que o Concello poida emprender as correspondentes accións legais contra os responsables dos destrozos e esixirlles o pago dos mesmos.
O persoal municipal que se encarga do mantemento diario do merendeiro da Concha e do Paseo marítimo descubriu a primeira hora desta mañá o resultado dos actos vandálicos. Foron sete as mesas volteadas coas súas respectivas bancadas.
Como as mesas se fixan ao chan mediante o enterramento dos pés en cepellóns de cemento, ao non poder levantarlas, os autores da fechoría tiveron que tumbalas forzando as patas de madeira que romperon pola base.
Os operarios de Medio Ambiente retiraron pola mañá as mesas volteadas para levalas ás dependencias municpais dos baixos do Auditorio onde se lles cambiarán as patas para proceder posteriormente a súa instalación no merendeiro.
O alcalde lamentou este novo acto vandálico, así como a desaparición dalgunhas das plantas coas que se decoraron os maceteiros da rúa Rey Daviña. No caso da Concha as pezas arrancadas serán arranxadas polo departamento de Medio Ambiente.