Sanxenxo acende o alumeado do Nadal
Por Redacción
Chega o Nadal e Sanxenxo non quere afastarse do espírito alegre destas datas. Para iso instalou adornos luminosos polas principais rúas da vila, de Portonovo e de Vilalonga ademais de por as parroquias do municipio.
As luces se encederán o vindeiro sábado, día 15, e ata o 6 de xaneiro en horario de 18:00 a 2:00 horas, cun orzamento asignado pola administración local de 21.507 euros.
Sanxenxo adornará tamén o edificio do Concello e algunhas das estradas do municipio, nas que se instalarán ademais dos arcos de luz, uns carteis luminosos co lema "Boas Festas".