O ano das máquinas no Sorteo de Nadal
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Tres décimos premiados nalgún dos premios principais do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, e un pequeno regueiro de pedreas e aproximacións. ÿ o balance que se pode facer na cidade de Pontevedra da Lotaría do 22 de decembro de 2014, na que, ata o momento, non se coñece publicamente a identidade dos agraciados porque coincidiu que os tres décimos premiados se venderon a través dunha máquina ou, como resume a loteira Ángeles Lubián, "no sabemos quién fue ni qué día".
A Administración de Lotaría número 8 de Pontevedra, situada no centro comercial A Barca, foi a protagonista do día, tras repartir un décimo premiado cun Quinto e un agraciado co Segundo. O 92.845 -Segundo- repartiu 125.000 euros e o 74.012 -Quinto-, 6.000 euros, pero a responsable do establecemento, Ángeles Lubián, descoñece a quen repartiu sorte.
A loteira descoñece cando se venderon os dous décimos, pois puido repartirse dende que en xullo empezou a venda da Lotaría de Nadal. O máis curioso no seu caso é que xa no sorteo de 2013 repartiu un premio en similares características. Vendeu un décimo de 05721, agraciado cun quinto premio a 60.000 euros a serie, tamén por máquina e a un cliente que naquel momento non se puido identificar, pero que, meses máis tarde, unha das empregadas puido descubrir que era unha clienta habitual.
Este luns a escena repetiuse a media mañá co Quinto e cara a mediodía co Segundo. En ambos os dous casos, a loteira valorou que "esperemos que le haya tocado a quién lo necesite", pero cando xa repartiu ambos os dous premios engadiu: "¿Qué nos va a parecer? Una maravilla". A expresión estaba cargada de emoción, pois este ano os primeiros premios tardaron en saír do bombo e "estábamos super super impacientes".
A súa administración convertérase en centro de todas as miradas ao repartir os dous principais premios da cidade e serve como resumen de cal foi o comportamento dos pontevedreses este ano no Sorteo de Nadal. "Después de vender el Quinto premio el año pasado, este año se vendió bastante más", valorou Ángeles Lubián. Segundo explica, "cada vez la gente se anima más a pedir por máquina, antes estaban más reticentes, pero parece que se dieron cuenta de que toca igual, solo que lleva distinto papel".
Na Administración de Lotaría número 7 de Pontevedra tamén notaron este ano o aumento dos números vendidos por terminal e non no formato tradicional. De feito, repartiron por este sistema un décimo do número 7.617, premiado cun Cuarto premio, dotado con 200.000 euros á serie e 20.000 ao décimo.
A súa propietaria, Ana Muiños, repetía que non ten "ni idea de quién lo compró ni cuándo lo compró", pero augura que é posible que se trata dunha persoa que comprou o décimo nos últimos 15 días. Levan dúas semanas coa terminación en "7" esgotada e os clientes que querían comprar un número con esa terminación, ao encontrarse con que estaba esgotado, pedía que lle sacase unha pola terminal electrónica. Nesta administración da rúa Loureiro Crespo adoita estar moi demandada a terminación en "7".
"Somos la administración número 7 y a muchos les gusta llevar el 7. Siempre pido muchos y siempre suelen agotarse", valora a súa propietaria, que non repartía un premio no Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal dende o ano 1992. Naquel momento estaba á fronte do negocio a súa nai, unha loteira moi coñecida en Pontevedra que fixo que este establecemento se coñeza como a 'Administración Dorita'.
Relacionadas:
-
Os pontevedreses gastamos catro veces menos na lotaría do Neno que na de Nadal
Por Redacción |
-
Un décimo premiado da lotaría viaxa de Pontevedra á Moncloa
Por Redacción |
-
92.845 Segundo premio en Pontevedra, de novo na Barca
Por Redacción |
-
74.012 Quinto premio no Centro Comercial A Barca
Por Redacción |
-
7.617 Cuarto premio vendido en Pontevedra, A Lama, Illa de Arousa
Por Redacción |
-
Os pontevedreses apuran a compra da lotaría ata o último minuto "por se acaso..."
Por Oskar Viéitez |