Rueda insiste: Pontevedra "debe cumplir la ley" e non abonar a paga extra aos funcionarios
Por Redacción
"Lo adecuado es que se cumplan las normas". Foi a resposta do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, tras seren preguntado sobre a decisión do Concello de Pontevedra de abonar a paga extra de Nadal aos seus funcionarios mediante un complemento de produtividade. "Debería cumplir la ley y no abonar esa paga extra", reiterou o dirixente popular.
Tras participar nun acto na Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfonso Rueda admitiu que a decisión de non abonar a paga extra "no fue ni agradable ni fácil", pero remarcou que as leis están "para cumprirlas".
Dito isto, o vicepresidente da Xunta explicou que hai "dos posturas claramente enfrentadas": a da Administración Xeral do Estado, que considera que o Goberno de Pontevedra "infringía la ley" ao buscar unha fórmula para abonar a extra e a do Concello, que sostén "que cumple la legalidad".
A continuación, apuntou que onde hai "normas e conflictos" están os tribunais "para dirimirlos" e reafirmouse en que a postura da Xunta é que "hay que cumplir" a lei.