Avanzan na recuperación do ámbito dos muíños do Outeiro, Batán, Cabanas e o río Gafos
Por Redacción
Recuperar algúns elementos do patrimonio hidráulico do municipio, especialmente no referido a antigos muíños, canles de rego e depósitos de auga. ÿ o obxectivo dos 15.000 euros que xa leva investidos o Concello de Pontevedra nas últimas semanas. Trátanse duns traballos que están a ser coordinados pola concellaría de Patrimonio Histórico.
A primeira das actuacións ten lugar nos muíños do Outeiro, no río do Batán, que afecta á limpeza do último dos seus muíños e da canle, así como a consolidación das pedras dos elementos con revestimento de morteiro hidrófugo, de cara a mellorar aquelas partes máis afectadas polo paso do tempo. Á vez, procedeuse ao roce, limpeza e eliminación de especies exóticas (nomeadamente Acacia dealbata e Robinia pseudoacacia) do sendeiro de pescadores.
Outra das actuacións centrouse no depósito próximo aos muíños do Batán, recentemente rehabilitados pola Comunidade de Montes de Salcedo en colaboración co Concello de Pontevedra. A limpeza deste antigo depósito construído en pedra do país inclúe tamén a conseguinte impermeabilización interior, tamén con materiais hidrófugos.
O terceiro punto tratado correspóndese coa canle de rego do muíño de Cabanas, xestionado pola asociación Vaipolorío. Nesta actuación procederase ao roce e limpeza da canle.
Finalmente, estanse a levar a cabo dúas actuacións máis na zona urbana do río dos Gafos, en concreto no muíño-vivenda do Coto, no que se está realizando a limpeza da canle e mais a da súa parte exterior, e no muíño de Víctor Soler, cuxo interior está invadido por especies alóctonas (Tradescantia fluminensis) e algunhas árbores.
Relacionadas:
-
Denuncian unha vertedura de aceite ao río Gafos
Por Redacción |
-
Vaipolorío organiza unha visita guiada ás brañas do río Tomeza
Por Oskar Viéitez |
-
Pasos firmes para a posta en valor do Val de Tomeza e Salcedo
Por Redacción |
-
Vaipolorío denuncia unha construción debaixo do Nó do Pino
Por Redacción |
-
35.000 euros para sinalizar e balizar todo o patrimonio etnográfico de Salcedo
Por Alejandro Espiño |
-
Inician os traballos de acondicionamento do novo parque forestal de Gatomorto, en Xeve
Por Redacción |
-
A recuperación do patrimonio rural dá un salto adiante cunha escavación arqueolóxica no Castro das Croas
Por Redacción |