O centro de saúde de A Parda participa de xeito piloto nun novidoso programa de enfermaría
Por Oskar Viéitez
O centro de saúde de A Parda en Pontevedra é referente autonómico e colaborador activo de xeito piloto na posta en práctica asistencial do denominado programa Conecta 72, iniciado o pasado venres 12 de decembro polo Sergas.
O programa Conecta 72 ten como obxecto instaurar unha nova modalidade sanitaria, que mellora a calidade da atención mediante a integración entre profesionais de enfermaría de distintos niveis asistenciais, a continuidade de coidados e o establecemento de comunicación entre a enfermeira e mailo paciente tras a súa alta hospitalaria.
Segundo sinalan desde a coordinación de enfermaría o centro de saúde de A Parda, a metodoloxía a seguir no programa Conecta 72 consiste en que tras producirse unha alta hospitalaria dun paciente atendido no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, o sistema informático de xestión clínica do Sergas xenera unha cita automática na axenda dos profesionais de enfermaría de Atención Primaria, denominada Conecta 72.
Esta cita -que se establecerá nun período non superior ás 72 horas da alta do paciente- permite aos profesionais de enfermaría do centro de saúde de A Parda acceder a dous informes: o tramitado polo médico á alta e o informe de enfermaría de continuidade de coidados, ambos emitidos polos profesionais médico e enfermeiros do CHOP.
CONSULTA TELEFÿNICA CO PACIENTE
A continuación, unha enfermeira do centro de saúde de A Parda efectúa unha consulta telefónica co paciente para comprobar que entendeu todo o seu proceso do ingreso hospitalario e posterior alta, ademáis de ofrecerlle a posibilidade de resolver dúbidas sobre o seu tratamento ou calquera cuestión sobre seguimento clínico.
Cómpre sinalar que a fase de probas desta nova modalidade asistencial de seguemento post-hospitalario durará un mes nun total de sete centros de saúde galegos. A todos os pacientes e profesionais participantes no Programa Conecta 72, o Servizo Galego de Saúde lles efectuará unha enquisa para valorar os resultados e, en función dos mesmos, estender gradualmente dita ferramenta asistencial aos centros de saúde de toda a rede sanitaria autonómica.