A Obra Social "la Caixa" entrega 60.000 euros a oito proxectos sociais en Pontevedra
Por Redacción
Oito proxectos sociais contarán cunha achega económica da Obra Social "la Caixa". A entidade catalá aportará preto de 60.000 euros ao Concello de Pontevedra e a outras sete organizacións que traballan en áreas sensibles como a discapacidade, a atención integral a enfermos ou a exclusión social. O convenio con todas elas asinouse este luns na sala de prensa do propio Concello.
A maior das achegas concedidas, que ascende a 15.000 euros, terá como destino o programa de atención ás familias con menores que atravesan dificultades económicas, posto en marcha polo Concello de Pontevedra. A axuda recibida permitirá, por unha banda, axudar a cubrir as necesidades básicas destas familias e, por outro, facilitar a inserción laboral dos seus membros.
Outros 43.000 euros destinaranse ao economato social da Asociación Solvencia, ao programa de apoio ao emprego da Asociación Down Pontevedra Xuntos, ao centro especial de emprego da Asociación de Discapacitados Virxe da O, á adquisición de equipos informáticos adaptados para a Asociación Juan XXIII ou ás actividades que desenvolven en Pontevedra entidades como Amizade, Afapo e o Comedor de San Francisco.
En representación de "la Caixa" acudiu o director de área de negocio de Pontevedra, Antonio Lema, quen recordou que o compromiso social da entidade, que lles leva a "desenvolver programas propios e a apoiar aquelas iniciativas locais que atendan as necesidades do seu ámbito".
Relacionadas:
-
Polo e patacas para o comedor de San Francisco, que alcanza picos de actividade e custa 12.000 euros ao mes
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
As empresas pontevedresas súmanse á integración sociolaboral
Por Redacción |
-
Catro asociacións do ámbito da discapacidade 'capitanearán' o centro cívico de Pontevedra Sur
Por Alejandro Espiño |