Lores acusa a Moncloa de impulsar unha "persecución política e obsesiva" contra o Concello
Por Alejandro Espiño
A Avogacía do Estado insiste. O Concello de Pontevedra debe cumprir a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e obrigar aos seus funcionarios a devolver o diñeiro cobrado pola paga de productividade coa que se lles compensou a perda da extra de 2012. En dúas ocasións -a última o pasado 4 de decembro- dirixíronse ao Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra para pedir que se execute a sentenza.
Esta insistencia é vista polo alcalde como unha "persecución política e obsesiva" contra o Concello de Pontevedra e os seus traballadores por parte do Goberno. E é que Miguel Anxo Fernández Lores quixo dicilo "alto e claro": esta decisión da Avogacía do Estado débese a unha "orde directa de Moncloa". Enmárcase, dixo, na súa estratexia de apoiar decisións que benefician a un sistema "cruel e corrupto" e que "persigue" a cidadáns e traballadores.
Ante esta situación, seguindo a recomendación da asesoría xurídica do Concello, o goberno municipal decidiu evacuar consultas co propio xulgado, coa Tesorería Xeral da Seguridade Social e coa Axencia Tributaria para determinar o alcance da execución da sentenza.
Fernández Lores asegura que, en todo caso, o seu cumprimento é dunha "gran complexidade", xa que os 474 traballadores afectados xustificaron a realización de 16 horas extra nos meses de setembro e outubro de 2012.
O alcalde de Pontevedra insistiu en que todo este proceso é "inaudito", xa desde que a Avogacía do Estado recorrese o pago deste complemento en Pontevedra e non o fixese con outras administracións que aprobaron medidas similares, incluída a propia Subdelegación do Goberno.
Neste sentido, Miguel Anxo Fernández Lores afirmou que "bastante ten" a Avogacía do Estado con responder ás sentenzas contrarias, entre outros, aos intereses do propio Goberno central ou autonómico, ante as que "están facendo todo o imposible para non cumplila", como a que ordena a demolición dos rellenos ilegais do Porto de Marín. "Vese a palla no ollo alleo e non a viga no propio", concluíu.
Relacionadas:
-
Presentan un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional polo conflito da 'paga extra'
Por Alejandro Espiño |
-
O Goberno estuda ampliar a demanda da paga de produtividade a Policía Local e Bombeiros
Por Alejandro Espiño |
-
Xavier Vence visita Pontevedra para mostrar o apoio "incondicional" do BNG no asunto da 'paga extra'
Por Alejandro Espiño |