'PontedeTapas' reparte os seus premios nun sorteo con anécdota incluída
Por Diego Espiño
O sorteo dos premios destinados aos clientes participantes en 'PontedeTapas' ten algo especial. Se o ano pasado o presidente da Deputación, Rafael Louzán, resultou ganador dun cheque de compra no comercio local por valor de 350 euros, nesta ocasión o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a piques estivo de levarse a principal recompensa.
Nun sorteo celebrado ante os medios de comunicación na Casa da Luz, unha papeleta cuberta polo rexedor capitalino saíu elixida como suplente do primeiro premio, unha viaxe a Roma para dúas persoas, ante o asombro xeral por segunda edición consecutiva.
Con todo Fernández Lores non levará finalmente o premio, ao terse completado a confirmación da primeira papeleta elixida, a de Noemy Ekpo-Ekuerre Méndez, que recibiu con alegría a chamada que lle informaba ao respecto.
O resto de gañadores, agraciados con cheques de compra no comercio local, foron: Belén Rial (500 euros), Serafín Fernández Vázquez (400 euros), Raquel González Justo (300 euros), Juan Mejuto (200 euros), Diego Sepúlveda (200 euros), Beatriz Castellano (200 euros), Isaac Freire Carballal (200 euros), Adrián González Méndez (150 euros), Ana García Gestoso (100 euros), Francisco Javier Osorio (100 euros), Paula Estévez (100 euros) e María Cristina Costas Pajariño (100 euros).
Todos eles recibirán os seus premios na gala que pechará o concurso o luns 15 de decembro ás 19:30 horas no auditorio de Afundación.
Alí coñecerase ademais aos galardonados polo xurado da presente edición e que está composto por Javier Olleros (chef do Culler de Pau), Inés Abril (chef do Maruja Limón e participante no programa televisivo Top Chef) e Marco Varela (chef profesional), ademais do barman Diego Mosquera e o actor Rubén Riós.
Os finalistas, que elaborarán as súas tapas en directo, son Tabula Rasa, O Cafetín e Envero na categoría de tapa creativa; Cre-Cotte, Dejavi Tapería e Cancamo Mariscos en tapa tradicional; e PTV Cervecería, Marilyn e Terraza Central nos cócteles.
Na gala tamén estará os locais con maior puntuación do público: Loaira, Casa Verdún e Taberna Zentola, ao que se une en cócteles o PTV.
PontedeTapas pechou a súa sétima edición cun balance de 42.600 tapas e cócteles vendidos entre os 45 locais de hostalería participantes.
Relacionadas:
-
Cáncamo Mariscos, El Cafetín e Café Central, gañadores da final de PontedeTapas 2014
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Os locais de PontedeTapas levan xa máis de 12.000 tapas e cócteles vendidos
Por Redacción |
-
Pontevedra, capital mundial del tapeo
Por Redacción |
-
E un dos gañadores do sorteo de PontedeTapas é... Rafael Louzán!
Por Redacción |