Contratan a EDAR de Buchabade coa previsión de que funcione antes do próximo verán
Por Redacción
A obra de construción da EDAR de Buchabade, en Ponte Caldelas, acaba de ser licitada á empresa Construcións e Proxectos Abilleira e supoñerá un investimento de 75.752 euros con cargo ao Plan de Obras aprobado pola Deputación Provincial.
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, prevé que a obra poida finalizarse en primavera, de modo que antes do próximo verán o núcleo de Buchabade poderá contar xa co servizo a rede de sumidoiros.
No núcleo rural de Buchabade están instalados os colectores para o saneamento de fecais dende o 2010, actualmente sen uso, pois para a súa posta en funcionamento era necesaria a construción e posta en servizo da EDAR. O investimento total en todo o saneamento de Buchabade superará os 310.000 euros, pois entre os anos 2008 e 2010 o Concello investiu na rede de rede de sumidoiros uns 250.000 euros.
Segundo informou o Concello de Ponte Caldelas, para esta actuación presentaron oferta cinco empresas e a adxudicataria presentou unhas melloras para realizar nesta obra, como o muro perimetral en pedra, así como a limpeza e revisión de toda a rede de colectores xa instalada para comprobar o seu correcto funcionamento.
Para acometer esta obra foi necesario expropiar unha parcela de 1.000 metros cadrados. O procedemento expropiatorio concluíu en verán e posteriormente o Concello aprobou o proxecto e procedeu á súa licitación para a contratación da obra.
Relacionadas:
-
Remataron as obras da depuradora de Buchabade
Por Redacción |
-
Remataron as obras da depuradora de Buchabade
Por Redacción |
-
Sae a licitación o contrato de explotación da EDAR de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
A Deputación concede achegas para a depuradora de Ponte Caldelas e unha barredoira en Marín
Por Redacción |
-
Máis preto a construción da estación depuradora de Buchabade en Ponte Caldelas
Por Redacción |