Reclaman un novo proceso constituínte no que a cidadanía teña un "poder principal"
Por Redacción
Mentres no interior da Subdelegación tiña lugar o acto de homenaxe á Constitución, ás súas portas un grupo de persoas, todos eles integrantes de Mobilízate Pontevedra, concentráronse para realizar unha lectura pública de diferentes artigos da Carta Magna que "creemos que no se cumplen y se deberían cumplir", segundo sinalou Ángela Rodríguez, voceiro deste colectivo.
Aseguran que é a Constitución a que "recoge y legitima" os dereitos que deberiamos ter a cidadanía, pero insisten en que "en este país no se cumplen".
Entre os artigos que leron en voz alta figuraban, entre outros, os que recollen o dereito de todo cidadán a ter unha vivenda digna ou o dereito á liberdade de expresión, "derechos conocidos por todos, pero no cumplidos".
Neste sentido, Mobilízate Pontevedra, que se autodefinir como "herederos del 15-M" e está formado por diferentes organizacións sociais e políticas, reclaman ao Goberno que impulse un novo proceso constituínte no que a propia cidadanía "tuviese un poder principal", en lugar das forzas políticas estatais "que solo se mueven por sus propios intereses".