Xa é Nadal en Pontevedra
Por Mónica Patxot
Co acendido da tradicional iluminación, Pontevedra deu a benvida ao Nadal. Centos de persoas participaron no acto festivo que tivo lugar na céntrica praza da Ferrería e sorprendéronse, cando ás 18.30 horas en punto, aos farois de todo este ámbito se lle uniron as luces típicas desta época do ano.
O quinteto de ventos e percusións Breogán Ensemble e a animación do grupo Vilarachos puxeron o punto musical e festivo a todo este evento.
Como todos os anos, na iluminación de nadal da cidade colaboran o Concello, Aempe e Zona Monumental, tratando de que chegar o alumbrado a todo o casco urbano.
Os principais puntos serán as tres árbores de Nadal situadas na Ferrería, Curros Enríquez e Eduardo Pondal.
Ademais da iluminación do centro histórico, as rúas iluminadas son Paseo de Colón, Avenida de Vigo, os accesos ao casco urbán, Praza de España, Rúa da Seca, Glorieta de Loureiro Crespo, Rosalía de Castro, Michelena, Monte Porreiro, Benito Corbal, Rúa Santa Clara, os xardíns de Casto Sampedro, Ferrería, Praza de Ourense, Pasarela Doce de Novembro, Avenida de Lugo, Gutiérrez Mellado, Salgueiriños e Centro Cultural Leste, Peregrina, Daniel de la Sota, García Camba, Cobián Roffignac, Cruz Gallastegui, Frai Juan de Navarrete, Virxe do Camiño, Sagasta, Joaquín Costa, Glorieta de Compostela, Riestra, Oliva, Andres Muruais, Eduardo Pondal e Praza de San José.
Relacionadas:
-
Un fallo eléctrico provoca un pequeno incendio na árbore de Nadal da Ferrería
Por Redacción |
-
O Centro Comercial Urbano dinamizará a zona monumental con diversas actividades
Por Redacción |
-
Xornada de portas abertas nos Bombeiros para colaborar con Redeaxuda
Por Oskar Viéitez |
-
O Nadal chega a todas as parroquias de Sanxenxo
Por Redacción |
-
A cidade de Pontevedra dá a benvida ao Nadal este venres co acendido da iluminación
Por Mónica Patxot |