Santa Bárbara, non só cando trona
Por Redacción
Ao longo destes días celebrouse diversas actividades en honor de Santa Bárbara, patroa dos Artilleiros e dos Enxeñeiros de Armamento e Material, entre elas destaca a Parada Militar celebrada este xoves na base da Brilat, en Figueirido.
A Parada Militar, celebrada baixo a presidencia do xeneral Luis Cebrián Carbonell, xefe da Brigada de Infantaría Lixeira "Galicia VII" Brilat, consistiu nunha formación do Grupo de Artillaría da Brilat, unha imposición de condecoracións, un acto homenaxe aos que deron a súa vida por España, a entoación do himno de Artillaría e da Brilat, e finalizou cun desfile da Forza.
Durante a súa alocución ante os convidados, o tenente coronel Alberto Fajardo López-Cuervo, xefe do GACAAT VII, agradeceu a presenza aos familiares e convidados presentes no acto.
Así mesmo, sinalou que o Grupo de Artillaría está preparado para as misións que lle encomenden.