Noemí Alonso, xornalista de RNE en Pontevedra, premio 'Periodismo Joven sobre violencia de género'
Por Alejandro Espiño
A xornalista Noemí Alonso, que dende hai case dous anos traballa na emisora de Radio Nacional de España (RNE) en Pontevedra, foi galardoada este mércores co premio 'Periodismo Joven sobre violencia de género 2014' na modalidade de xornalismo audiovisual.
Trátase dun galardón convocado polo Instituto de la Juventud, que recoñece os traballos que mellor contribúen á defensa e difusión dos valores contra esta eiva social.
A reportaxe pola que foi premiada, titulada 'SOS VICS-Hablar coa miña propia voz', foi emitida no programa Europa Abierta de Radio Exterior de España o pasado 8 de outubro.
Nel recóllese o traballo realizado pola plataforma 'Speak Out for Support' (SOS-VICS), un proxecto da Universidade de Vigo, financiado pola Unión Europea, cuxo obxectivo é formar intérpretes profesionais para que poidan axudar a mulleres inmigrantes que sufrisen episodios de violencia de xénero.
"Son mujeres que muchas veces están aisladas, nadie las entiende y ni sus vecinos saben lo que les está ocurriendo", sinala na reportaxe Maribel del Pozo Triviño, profesora da Facultade de Filoloxía e Tradución do campus de Vigo e coordinadora do proxecto.
No programa emitido por Radio Exterior de España escóitanse as voces da coordinadora do proxecto, das asociacións implicadas ou de mulleres vítimas de violencia de xénero que non foron asistidas por profesionais.
Relacionadas:
-
Ata setembro presentáronse 1.680 denuncias por malos tratos na provincia
Por Redacción |
-
Pontevedra plántalle cara á violencia de xénero
Por Redacción |
-
Aproban o III Plan de Igualdade do Concello de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
'Puta, porca, burra', a violencia machista nunca empeza por unha paliza
Por Redacción |