Pepe Solla, primeiro cociñeiro galego en lograr tres Soles Repsol
Por Alejandro Espiño
Só seis cociñeiros españois lograron a máxima distinción que outorga a Guía Repsol, unha reputada publicación gastronómica. E un deles é Pepe Solla. O pontevedrés logrou, por primeira vez, tres Soles Repsol, para o seu restaurante de Poio, Casa Solla. Convértese así no primeiro galego en lograr este recoñecemento á súa cociña, que xa posúen xefes de cociña do talle de Joan Roca, Juan Mari Arzak ou Pedro Subijana.
Ademais de Pepe Solla, conseguiron os tres Soles Dani García, do restaurante Dani García (Marbella); Francisco Monje, de O'Pazo (Madrid); Sergio e Javier Torres, de Dos cielos (Barcelona); Jesús Sánchez, de Cenador de Amós (Cantabria); e Benoît Sinthon, de Il galo d'oro (Pamplona). Todos eles reciben un galardón que recoñece a calidade e saber facer dos mellores restaurantes españois.
A edición 2015 desta prestixiosa guía, outorgou ademais dous Soles Repsol a nove restaurantes galegos sendo recoñecidos, deste xeito, pola súa calidade excelente en cociña e servizo no restaurante. Repiten Culler de Pau e D'Berto (O Grove), Galileo (Pereiro de Aguiar) e Pepe Vieira (Poio). ÿnense a este grupo como novidade Acio (Santiago), Alborada (A Coruña), Maruja Limón (Vigo), Retiro da Costiña (Santa Comba) e Yayo Daporta (Cambados).
Así mesmo, 16 restaurantes galegos foron recoñecidos polo equipo de expertos deste manual con un Sol Repsol o que lles confire a distinción de cociña de gran calidade e variedade suficiente. Estes restaurantes son, entre otros, Casa Bóveda (Vilagarcía) ou La Taberna de Rotilio (Sanxenxo).
Galicia suma, deste xeito, un total de 37 Soles Repsol -oito máis que o pasado ano- que distinguen a 26 restaurantes galegos, dous máis que na edición 2014.
Os Soles Repsol son outorgados pola Asociación de Amigos da Real Academia de Gastronomía e a Cofradía de la Buena Mesa. Con eles autentícase a excelencia culinaria, a calidade da materia prima e a súa execución, o respecto pola cociña da rexión, a súa carta de viños e o servizo de mesa e sala. En definitiva, recoñécense todas as calidades dun restaurante que inciden positivamente na experiencia do viaxeiro.
Relacionadas:
-
O Financial Times sitúa a Casa Solla como un dos cinco mellores restaurantes familiares de España
Por Redacción |
-
Pepe Solla despide un ano excepcional cun 'showcooking' de Nadal no seu restaurante
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Pepe Solla, Yayo Daporta, Javier Olleros e Pepe Vieira revalidan, un ano máis, as súas estrelas Michelín
Por Alejandro Espiño |
-
Pepe Solla, elixido un dos seis premios Chef Millesime 2014
Por Redacción |